Menu Content/Inhalt
» Inicio
AGNIX dará un relatorio de SwL no IES San Rosendo de Mondoñedo 
escrito por mancomun.org o Luns, 12 de Maio do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/agnix_150.jpgVisto na páxina de AGNIX:
"O vindeiro xoves día 15 dentro das iniciativas de actividades promovidas pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información, AGNIX desenvolverá un relatorio en Mondoñedo, co que se tentará achegar ao alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato o significado de Software Libre así como a importancia do seu emprego xeneralizado, xunto cas posibilidades que pon ao alcance de tod@s para a aparición e fomento da lingua nas novas ferramentas tecnolóxicas".

Ler máis...


 
Mancomún apoiará o traballo da comunidade tradutora fornecendo infraestruturas e servizos 
escrito por mancomun.org o Luns, 12 de Maio do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/imaxe_corporativa.jpgMancomún promoverá a localización de Software Libre ao galego involucrando ás empresas de localización de xeito consensuado co voluntariado. Búscase deste modo  evitar unha excesiva centralización que puidera comprometer a continuidade dos proxectos de localización a meio e longo prazo.

Esta foi unha das conclusión extraídas da posta en común que tivo lugar durante o encontro “G11n: eu traduzo o teu software ” no que a Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, equiparou á comunidade de tradución de software libre cos precursores da nosa língua: "Sodes a punta de lanza necesaria para o desenvolvemento tecnolóxico da nosa sociedade, sodes os precursores do século XXI". 

Ao longo destas xornadas decidiuse empregar unha metodoloxía de localización baseada na implementación dos estándares LISA e tamén encamiñar esforzos de cara a consensuar unha guía de estilo para a tradución de software ao galego.

Ler máis...


 
Xestión de Parques Informáticos en galego con GLPI 
escrito por mancomun.org o Luns, 12 de Maio do 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/glpi-logo.pngGLPI (Xestión Libre de Parques Informáticos) é un administrador de recursos informáticos (hardware e software) cunha interface web para a súa administración. Facendo uso da ferramenta é posible inventariar o parque informático dunha empresa (PCs, impresoras, escáners, software, etc).

GLPI dispón de funcións que facilitan o traballo dos administradores así como un sistema de seguimento de traballo con correos de notificación, ademais de poder establecer a topoloxía da rede.

GLPI pódese instalar en servidores que soporten as tecnoloxías Apache, MySQL e PHP (AMP).

Ler máis...


 
Mancomún consolídase como axente catalizador de SwL en Galiza e en Europa 
escrito por mancomun.org o Venres, 09 de Maio do 2008

 Mañá sábado comezan en Santiago as xornadas "G11n: eu traduzo o teu software", que reunirán aos membros máis activos da comunidade tradutora de software libre ao galego

Mancomun.org, a iniciativa da Consellaría de Innovación e Industria para a difusión do Software Libre (SwL) e dos estándares abertos, celebra o seu segundo aniversario superando con creces os logros acadados no seu primeiro ano de existencia. Coincidindo con esta data sinalada, Mancomun.org reunirá aos membros máis activos da comunidade tradutora de software libre ao galego no evento “G11n: eu traduzo o teu software” co propósito de xuntar esforzos e consensuar melloras no proceso.

O proxecto da Consellaría, promovido a través da súa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, viu modificado este ano os seus ámbitos de actuación, cun incremento dos mesmos a raíz da conversión a principios deste ano no novo Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza. Este centro terá como misión fornecer recursos e servizos que promovan a implantación do SwL co propósito de fomentar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico de Galiza. A súa actividade, segundo esta idea, orientaranse en sete liñas: tradución de software, dinamización das tecnoloxías abertas en contornos empresariais e universitarios, implantación de software libre, apoio á formación, difusión e actuacións de soporte técnico.

Con estes obxectivos de fondo, Mancomun.org conseguiu neste segundo ano de existencia duplicar a presenza do software libre no ámbito da PEME e triplicala no sector educativo, constatándose ademais un incremento no ámbito doméstico. Este incremento púxose de manifesto coa publicación no mes de abril dos informes sectoriais comparativos do uso do Software Libre en Galiza. 

Ler máis...


 
Vídeos de Youtube no reprodutor de vídeos de GNOME 
escrito por mancomun.org o Venres, 09 de Maio do 2008

Totem é o reprodutor multimedia que vén co escritorio Gnome. Na nova versión 2.22 do Totem (a que vén na Ubuntu 8.04) pódese activar unha interesante función para a busca de vídeos en Youtube e visualizalos directamente no reprodutor.

Grazas a este complemento, Totem 2.22 dispón dunha caixa de busca de vídeos na barra lateral, onde o usuario só ten que inserir as palabras chave e directamente cargaranse os resultados. Ademais inclúe un separador adicional para ver os vídeos relacionados.

Ler máis...


 
A xornada do III día do emprendedor do 15 de maio contará cun bloque temático de Software Libre 
escrito por mancomun.org o Luns, 28 de Abril do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/dia_emprendedor.jpg

[ Actualizado: 9 de maio de 2008 ]

O programa do itinerario de SwL do III Día Galego do Emprendedor xa é definitivo e como comenta Javi Vázquez, presidente de Agasol, no seu blogue, resulta moi interesante.

É de destacar a presenza de Eduardo Manchón, un dos fundadores da empresa española Panoramio recentemente adquirida por Google; de empresas galegas que apostan polo SwL como Igalia e Allenta ou de empresas estatais como eBox ou Ikusnet.

A inscrición para participar no evento é totalmente gratuíta.

__ 

O vindeiro 15 de Maio, Santiago de Compostela acollerá a celebración do III Día Galego do Emprendedor . No ámbito da iniciativa promovida dende o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para a realización destas xornadas sobre emprendemento en todas as Comunidades Autónomas, o Igape e BIC Galicia impulsan este evento co obxectivo fundamental de promover e alimentar o espírito emprendedor e, deste xeito, transmitir as claves que permitan emprender en Galicia nun ámbito de innovación e competitividade.

Ler máis...


 
Nova oferta de emprego para Mancomún 
escrito por mancomun.org o Xoves, 08 de Maio do 2008

A S.A.X. CESGA convoca unha praza de técnico experto en Software Libre para o proxecto Mancomún. Os requirimentos da praza pódense consultar na oferta completa na seguinte ligazón:

Oferta completa (pdf)

Valoración de méritos (odt)

As actividades a desenvolver dentro do posto, serán, entre outras:

  • Soporte técnico aos usuarios de Mancomún (empresas, concellos, centros educativos, etc.)
  • Administración dos servidores de Mancomún (servizos internet, BBDD, servidor de aplicacións, etc.)
  • Colaboración en actividades de difusión do Software Libre.
  • ...

Os candidatos deberán enviar o C.V. e o documento de valoración de méritos, indicando a referencia correspondente da web do CESGA, antes das 14:00 horas do 19-05-2008:

  • Correo electrónico: emprego@cesga.es
  • Avenida de Vigo, s/n (Campus Sur) 15705 Santiago de Compostela

Oferta enviada á lista de ofertas de emprego de Software Libre de Mancomún.



 
Curso da ferramenta de deseño vectorial Inkscape 
escrito por mancomun.org o Xoves, 08 de Maio do 2008

Interesante curso sobre a aplicación de deseño vectorial Inkscape. Trátase dun curso elaborado por un profesor de debuxo de Educación Secundaria para impartir a asignatura de Tecnoloxía da información: deseño asistido por ordenador de segundo de bacharelato de Artes.

Ao curso chamoulle Inkscape: logo a logo pois a aprendizaxe do uso desta aplicación vaina desenvolvendo ao tempo que explica como se poden facer unha serie de logos máis ou menos coñecidos. É dicir, fai un curso cunha aproximación máis didáctica, pensando no aplicación práctica, que descritiva das distintas funcións do Inkscape.

Ler máis...


 
Mancomún organiza o evento “G11n: eu traduzo o teu software” 
escrito por mancomun.org o Xoves, 08 de Maio do 2008

ImageA Iniciativa Galega polo Software Libre promove o debate entre a comunidade tradutora ao galego para lograr a optimización do proceso

O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia organiza os vindeiros día 10 e 11 de maio en Santiago de Compostela o evento "G11n: eu traduzo o teu software" . Estas xornadas, enmarcadas dentro da campaña da Consellaría de Innovación e Industria para o día das Letras Galegas “Máis internet, máis galego, máis futuro”, reunirá aos membros máis activos da comunidade tradutora de software libre ao galego co fin de analizar as estratexias e as ferramentas empregadas.

A iniciativa do encontro xurdiu a raíz das ideas xeneradas en torno aos obradoiros de tradución de Software Libre que tiveron lugar durante o Xuventude Galiza Net deste ano . Nestas sesións de traballo constatouse a necesidade de consensuar metodoloxías e estratexias conxuntas para a mellora do proceso de tradución.

O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia quixo materializar este desexo común coa organización do encontro “G11n: eu traduzo o teu software”, coincidindo coa celebración do 2º Aniversario de Mancomún .

Ler máis...


 
A Xunta investiu 1,7 millóns de euros en Software Libre 
escrito por mancomun.org o Xoves, 08 de Maio do 2008

A Xunta de Galicia promoveu o Software Libre na nosa comunidade, o pasado ano, cun investimento de 1,7 millóns de euros. Así o puxo onte de manifesto o Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, durante a xornada de presentación do balance do Plano Galego da Sociedade da Información (PEGSI) .

Este investimento permitiu coordinar e promover iniciativas de difusión e de formación coas que se acadou unha maior presenza do software libre e dos estándares abertos en diversos ámbitos con acceso ás TIC.

Neste senso, a porcentaxe de centros de ensino que empregan ferramentas abertas pasou en tan só dous anos do 20 a 65%. Tamén no sector empresarial constatouse un incremento do 10 ao 23% nas empresas de máis de 10 empregados.

Asemade, Fernando Blanco destacou no seu discurso a importancia da consolidación de Mancomun.org como o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre como factor clave para a consecución destes éxitos no eido do Software Libre.

Ler máis...


 
Menor queMenor que Inicio Menor que Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. Maior que Remate Maior queMaior que

Resultados 1 - 16 de 2282

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement